Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 04/01/2022

Programa completo do 04/01/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 04.01.2022 14:19

Segue incrementando o número de contaxiados pola Covid superando xa nesta área sanitaria os 5.000 casos. Repasamos situación conversando co Xerente Ramón Ares. Repasamos tamén neste programa actividades que organizan os concellos desta zona para recibir mañá aos Reis Magos. Hai cabalgata en Monforte da que falamos coa concelleira de cultura Marina Doutón. No concello de O Saviñao, visitarán Currelos e en Escairón prepáranlle un trono na Praza de España. Falamos co alcalde Carlos Armesto. Tamén teñen prevista visita a Pantón onde preparan outras actividades que repasamos co alcalde José Luis Álvarez. No concello de Sober os Magos de Oriente teñen puntos de encontro cos nenos establecidos en diversas parroquias das que nos da conta o alcalde Luis Fernández Guitián. No Courel tampouco hai cabalgata pero os Reis Magos visitarán as parroquias do concello nun itinerario que repasamos coa alcaldesa Lola Castro.