Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 04/02/2022

Programa completo do 04/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 04.02.2022 14:30

As últimas datacións con C-14 de material atopado no Castro de San Lourenzo, afianzan datos sobre a orixe do mesmo e que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Lonxe de descender segue subindo o número de casos activos de Covid nesta zona sur de Lugo. Situación da que falamos coa directora do Hospital Comarcal Inma Ramos. O Sergas reitera o compromiso de cubrir a praza de médico que hai vacante no centro de saúde de Ferreira. Un asunto sobre o que se debatiu na comisión de Sanidade do Parlamento, escoitamos intervencións, e falamos co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. O alcalde de O Saviñao fálanos do incendio nunha casa de Vilamor, en Piñeiro, e no espazo de Salgado Congelados hoxe metémonos na cociña de Casa Reboiro que abre hoxe temporada.