Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos ao Albergue Lemavo que vén de abrir as súas portas en Monforte o pasado día 23. Falamos co promotor con José Carlos Costoya. O Museo Militar de A Coruña está interesado en pezas do Muferga para incluilas nunha exposición que está preparando para o mes de setembro. Falamos da iniciativa co Coronel Antonio Montero. Todo preparado para celebrar esta fin de semana a 29 edición da Feira do Viño de Vilachá de Salvadur. Repasamos a última hora co alcalde Xosé Lois Maceda. Co director do Colexio dos Escolapios, Pablo Blanco, repasamos a peregrinación que preparan para este domingo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con Fermín Avellaneda, presidente de Amafer, o día 18 entregarán ao Eixo Atlántico o premio "Monforte al Ferrocarril", repasa méritos para esta distinción.