Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 04/07/2023

Programa completo do 04/07/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 04.07.2023 14:25

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitícola conversando con Pepín Cadórniga, da adega Ciudáseis e co técnico Alfonso Losada Quiroga. Falamos con Andrea Rodríguez autora do cartel do IX Fancine de Lemos que se inaugura maña. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que se estrea como deputado provincial, falamos desta nova tarefa e repasamos novas do citado concello. Miguel Rodríguez é un dos traballadores do CCD que Renfe abriu en Monforte e fálanos da súa experiencia. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Miguel Ángel López, nomeado presidente dunha asociación posta en marcha con afectados por expedientes con orde de derriba de alpendres construidos en fincas rústicas.