Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 04/09/2024

Programa completo do 04/09/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 04.09.2024 14:18

Hoxe remata o ciclo de concertos de grupos local celebrado en Monforte e abrimos conversando con integrantes dos grupos que van a actuar, Javier Vázquez de Entrecordas, Daniel Castro de Cerodouscero e Toñyto García de Los Jinetes del Trópico. E nestes tempos de incerteza no sector vitícola, o grupo adegueiro Méndez Rojo presenta en Via Romana un novo tinto mencía da D.O Ribeira Sacra "Heroica", un proxecto que repasamos con Juan Luis Méndez, xerente do citado grupo. Entre outros asuntos falamos tamén de festas como a da Romería de Augas Santas que se vai celebrar na fin de semana, prolongándose ata o luns que será festa local en Pantón, como nos conta o alcalde José Luis Álvarez. E recollemos tamén balance do Festival Trece Roeis conversando con Miguel García, presidente da Asociación organizadora.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora