Solidariedade cos afectados pola DANA dende a Ribeira Sacra. A punto de saír dous camións con axuda, falamos con Pablo González, un dos promotores da iniciativa. No concello de A Pobra do Brollón hoxe e maña recollen material na Casa da Cultura e cóntanos o alcalde Xosé Lois Maceda, como van a canalizala. Vai pechando proxectos o GDR Ribeira Sacra Courel e recollemos balance coa técnica Cristina Estévez, que prepara para o día 12 de novembro un acto para "motivar no emprendemento" á veciñanza deste territorio. Co técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, repasamos a programación do outono que teñen preparada con magosto, teatro, exposicións e balance turístico dos últimos meses. Entre outros asuntos, tempo tamén para repasar resultados dos partidos disputados esta fin de semana polos equipos da zona e novos éxitos do taekwondo Neka que repasa o adestrador, José María Vega.