Abrimos co repaso ás novas da actualidade máis próxima e coas recomendacións literarias que mensualmente nos fai Paula Vázquez Verao dende a Libraría da Proencia. Investígase o roubo de madeira en cortas que se levan a cabo no concello de Bóveda. Buscamos a última hora conversando co alcalde, José Manuel Arias. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, repasamos previsións de ocupación para esta ponte, e entre outros asuntos vamos de tapas ao concello de Pobra do Brollón onde preparan tamén para este sábado cantos de taberna. Repasamos propostas co animador socio cultural Xosé Gago.