Cuarto día de campaña electoral á que se suman Ministros e Conselleiras. Repasamos actos das últimas horas e conversamos con Miguel Tomé, número catro da candidatura do PSOE por Lugo. Un vilalbés autor do cartel da Feira do Viño de Amandi. Será presentado, co resto das actividades da Feira e do Mes do Amandi, o día 24. Actividade da que falamos co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Gutián co que repasamos outros asuntos da actualidade soberina. E na Fundación Vicente Risco expón a partir deste venres, Gelín Fernández. Un motivo máis para visitar esta Fundación da que falamos co secretario Xosé Rodríguez. Son entre outras, novas que repasamos da actualidade máis próxima.