Mantense a convocatoria de concentración para este venres en Monforte en apoio ao sector vitícola. SLG e UUAA consideran insuficienes as medidas aprobadas pola Xunta. Danos máis datos o secretario da sectorial do viño de UUAA, Carlos Basalo. Monforte marcha contra o Cancro. Terceira edición dun evento que repasamos con Ana Belén Fernández e Virginia Menéndez, da Asociación de Loita contra o Cancro que organiza esta actividade. Recuperamos o gabinete xurídico de AV10 e con Javier Leiro repasamos normativa que para cómputo de cotización equipara a xornada parcial á de tempo completo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos tamén da Asociación "Vivir para bien morir" que se presenta este sábado en Monforte. Para coñecer máis da mesma conversamos con Teresa Grau e Arianne Gómez.
Más de Uno Monforte de Lemos 05/09/2024
Programa completo do 05/09/24
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora