Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 05/12/2024

Programa completo do 05/12/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

A previsión de ocupación na Ribeira Sacra para esta ponte da Constitución supera o 76 % chegando ao 86% nas casas de turismo rural. Datos que repasamos conversando coa xerente do Consorcio Turístico Alexandra Seara. Repasamos tamén actividades que se van celebrar esta fin de semana como a 25 edición da Festa da Pisa da Castaña en Froxán da que nos da máis datos un dos promotores, Evaristo Méndez. Co xerente do CCU de Monforte, Ángel Folgueira, repasamos actividades que preparan para as festas do Nadal e outras accións promocionais do comercio local. No espazo de AV10, o avogado Javier Leiro repasa normativa relacionada coas compras on line. Entre outros asuntos, rematamos falando de libros con Jacobo Rodríguez de librería Agrasar que presenta tamén un novo selo editorial.