Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 06/06/2024

Programa completo do 06/06/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 06.06.2024 14:18

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando co canta autor Emilio Rúa que actúa o sábado en Sober e presenta novo libro-disco cunha trintena de lendas. E nunha semana estaremos celebrando as Festas do popular barrio monfortino de San Antonio. Repasamos o programa de festexos con Moncho López membro da comisión organizadora. E todo preparado en Pantón para o inicio das obras da residencia da terceira idade que deberá estar rematada en 18 meses e da que nos da máis datos o alcalde José Luis Álvarez. E fai moitos anos que non está tan baixo en Monforte o número de desempregados, datos do paro de maio que analiza o secretario de acción sindical de CCOO, Mario Docasar. E como cada xoves temos gabinete xurídico de AV10 e Héctor Silva repasa o papel que xogan as investigacións privadas nos procesos xudiciais.