Manter viva a memoria do músico Luis Nieves, finado con 22 anos en setembro de 2019, é o obxetivo dun concurso que se vai celebrar en Monforte o día 16. Unha iniciativa da que falamos coa promotora, Rosa Nieves, presidenta da Asociación Musical de Cultural que leva o nome do batería finado. As melloras que se levan a cabo na rede de augas municipal de Sober inclúe a instalación de contadores electrónicos para detectar fugas e enganches ilegais. Ampliamos información conversando co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, novas tamén do ámbito laboral con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO para esta zona.