Máis dun millón de quilos de uva non teñen comprador este ano na D.O Ribeira Sacra polos excedentes que teñen as adegas que llas mercan. Hoxe moitos deles saíron á rúa a pedir solucións concentrándose en Monforte diante a sede do Consello Regulador. No programa escoitamos algúns dos viticultores participantes, os representantes dos sindicatos convocantes, o presidente do Consello Regulador, repasamos tamén medidas aprobadas polo Goberno Galego e que, quenes hoxe se concentraban, consideran insuficientes.
Ademais falamos da Queima das Fachas que preparan para este sábado en Castelo, e do Econtro de Palilleiras que maña terá lugar en Monforte.