Abrimos resumindo novas que forman parte da actualidade máis próxima e a nosa primeira conversa será co vicepresidente da Asociación de Amigos do Muferga, Ignacio Nistal, que onte celebrou Asamblea no Museo aproveitando a xornada de portas abertas. Conversamos tamén hoxe co novo concelleiro do grupo municipal do PP de Monforte, José Luis Rodríguez. Miriam Pérez, secretaria da Asociación xuntos polo cancro, danos do acto que este luns ten programado en Monforte. Repasamos novas do ámbito sindical con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO e tempo tamén para o deporte para resultados dos partidos dos equipos locais, falamos da boa estrea do boxeo monfortino no Campionato Galego, co adestrador Rubén Rey e das 27 medallas acadadas polos taekwondistas do Neka, con José María Vega.