Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 07/02/2022

Programa completo do 07/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 07.02.2022 14:15

Monforte acollerá o día 19 actos conmemorativos do centenario da IV Asamblea das Irmandades da Fala. repasamos actos conversando con Xosé Rodríguez, un dos coordinadores. As mimosas son unha especie invasora que ameaza soutos en varios puntos do Courel. Esta pasada fin de semana Courel Vigo organizou traballos de limpeza dos que nos fala o voceiro deste grupo, Óscar Carrete. Na Ribeira Sacra segue subindo o número de empresas certificadas co distintivo "Compromiso de Calidade". Recoñecementos que repasamos conversando coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara. Entre outros asuntos, falamos tamén do incremento que experimenta en Monforte a recollida selectiva. Datos que repasamos con Miguel Tomé, concelleiro da área de medio ambiente.