Tres vehículos cargados con material humanitario e que traerá de volta refuxiados, saíron o sábado de Quiroga rumbo á fronteira de Polonia con Ucraína. Falamos con Miguel Garrido, un dos promotores a poucas horas de chegar ao destino final. Pantón quere sumarse aos concellos que recuperan este ano a Feira do Viño e prepara reunión coa adegueiros para organizala. Co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos outros asuntos de actualidade no citado concello onde celebraron con grande éxito este pasado sábado o desfile que pechou o entroido no Val de Lemos. O BNG adianta a hoxe a celebración en Monforte do Día Internacional da Muller coa organización dun acto do que falamos con Marga Rodríguez. Co técnico de deportes Óscar Rodríguez, falamos da Carreira Popular que se vai celebrar en Monforte o día 3 de abril, e co adestrador José María Vega, repasamos novos triunfos do Neka esta fin de semana no Open de Andalucía.