Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 07/06/2022

Programa completo do 07/06/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 07.06.2022 14:23

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, falamos do recoñecemento que vén de recibir o adegueiro Fernando González e da cata vertical que organizou na adega, acompañados tamén do técnico Alfonso Losada. Falamos tamén das Festas de San Antonio que se recuperan esta fin de semana no popular barrio monfortino. Repasamos programa conversando con Mon López, membro da comisión organizadora. Co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos o convenio asinado coa Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade para dotar de abastecemento de auga a tres parroquias do concello, e outras obras pendentes de execución. E convocada para este sábado unha xuntanza para crear unha Federación de Asociacións da Ribeira Sacra. Coñecemos máis da iniciativa con Xurxo Martínez, membro da Asociación promotora. E o ex futbolista Ronaldo peregrina a Santiago polo Camiño de Inverno, da expectación causada en Quiroga falamos con Julio Álvarez, rexedor do citado concello.