Repaso á actualidade máis próxima e conversa con Pilar López presidenta da Asociación que convoca o Concurso Semente Ribeira Sacra que pechou prazo con 85 participantes. O Club Fluvial de Monforte prepara a temporada de verán superando os 4.000 socios. Falamos co presidente da entidade, Jaime Vázquez, que entre outras propostas anuncia xornada de portas abertas para o venres próximo. Pablo Estévez nomeado mellor enólogo de viños xoves de España por quinta vez e entre os viños por él elaborados están os da Adega Petrón con dous premios BACO, un dos premios é un gran ouro para Prómine Singular. Son recoñecementos dos que falamos co citado enólogo. E cinco piragüistas do Quixós seleccionados para representar a España no Campionato de Europa. Danos máis datos o director deportivo Santi Díaz, co que falamos tamén do barco dragón que utilizarán este verán para varias actividades da citada entidade.