Cumprindo cunha ancestral tradición esta noite arderán en Castelo unha trintena de fachas. Falando desta tradición co presidente da Asociación que a manten viva, Manuel Fidalgo, abrimos o programa de hoxe no que falamos tamén do Festival As Cores de Outono que se prepara no concello de A Pobra do Brollón e do que nos informa Xosé Gago, animador socio cultural do citado concello. Curso especial o que van a iniciar no Colexio dos Escolapios que celebrarán o 150 aniversario da chegada a Monforte desta orde relixiosa, preparan actos que repasmos co director do centro Pablo Blanco. Conversamos tamén co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez, co que repasamos o pleno que veñen de celebrar esta mesma maña e Romería de Augas Santas. E este xoves recuperamos o gabinete xurídico de AV10, con Héctor Silva falamos de indultos e amnistía.