Abrimos falamos do cartel das Festas Patronais de Monforte que esta mesma maña presentou o alcalde José Tomé Roca, e resumimos otros asuntos da actualidade máis próxima incluido balance do Fancine de Lemos que nos achega o director e subdirector do Festival Iván Patiño e Reinaldo Pereira. Coa directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, repasamos a xornada informativa que teñen en marcha en Sober para emprendedores de aloxamentos turísticos. Segue a folga indefinida convocada nos parques comarcais de bombeiros, falamos dela con Juan Vila, delegado sindical do parque comarcal de Lemos. Entre outros asuntos, atendemos tamén ás recomendacións literarias que para este mes de xullo nos deixa Paula Vázquez Verao desde a Libraría da Proencia.