Presentadas en Monforte as actividades organizadas dende o concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Actividades que se van a desenvolver ao longo de todo o mes e das que fala a concelleira de muller e igualdade Margarita López. Pechada a tempada de verán fai balance da mesma Jaime Vázquez, presidente do Club Fluvial de Monforte, e repasa proxectos a desenvolver de cara os próximos meses. Entre outros asuntos recollemos tamén balance do GDR Ribeira Sacra Courel coa técnica do citado grupo Cristina Estévez.