Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 08/03/2022

Programa completo do 08/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 08.03.2022 14:19

Abrimos programa falando do papel da muller no mundo do viño. Ademáis do técnico Alfonso Losada, acompáñanos Maira Ratón, integrante do panel de cata da D.O Ribeira Sacra e a profesora de enoloxía María José Daporta. Coa concelleira de Muller e Igualdade Margarita López, repasamos actividades organizadas en Monforte para conmemorar o Día Internacional da Muller. Tamén organiza actos Femforte que repasamos coa presidenta da citada Asociación, Olalla García. En Sober buscan fotos de mulleres soberinas para montar unha exposición. Iniciativa que repasamos coa traballadora social Patricia González. No concello de A Pobra do Brollón buscan sensibilizar cunha campaña na que participa a poeta Olga Novo e que nos explica o concelleiro de cultura Ricardo Rodicio. Entre outros asuntos, falamos tamén da visita guiada que hai preparada para este martes na Igrexa dos Escolapios para presentar obras de restauración feitas en dous retablos da mesma.