Súmanse os concellos desta zona sur de Lugo á celebración do Día Internacional da Muller con varias actividades e concentracións como a organizada en Monforte e da que falamos coa concelleira Margarita López coa que repasamos tamén os servizos que presta o CIM que atendeu o pasado ano a 1.502 mulleres. En Sober aproveitan este día para poñer en marcha unha campaña coa que pretenden focalizar nos homes, actividades que habitualmente atribúenselle ás mulleres. Unha iniciativa que repasamos con Patricia González, unha das traballadora sociais do citado concello. Coa delegada da Asociación de Hostalería para esta zona sur, Beatriz Vila, repasamos actividades do Estase Cocendo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, adiantamos a hoxe o Gabinete Xurídico de Abogados Vigo 10 e con Javier Leiro damos conta dunha sentenza que amplía permiso de maternidade a unha nai solteira.