Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 08/10/2024

Programa completo do 08/10/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

O IGN informa de 2 terremotos nos límites entre os concellos de O Saviñao e Taboada. O primeiro ás 5.40h da madrugada e o segundo ás 8:40. Este último de magnitude 3.0 foi percibido por algúns veciños das zonas próximas como Currelos. Buscamos máis datos conversando co alcalde Carlos Armesto co que repasamos o pleno extraordinario celebrado esta maña e obras que van a realizar na casa do concello. Recta final da vendima na D.O Ribeira Sacra con preto de 5 millóns de quilos de uva recollidos, fai balance o presidente do C.R, Antonio Lombardía, co que repasamos resultados da Cata de Viños de Montaña celebrada en Aosta onde foron premiados 13 viños desta D.O, dous con medalla gran ouro e 11 medallas de ouro. A Plataforma contra a construcción de eólicos na Ribeira Sacra, denuncia os problemas que teñen para presentar alegacións contra a liña de evacuación que vai atravesar varios concellos da zona. Falamos con Raquel Fernández, voceira da plataforma. E Os Lactouros preparan xornadas micolóxicas para o mes de novembro e ruta de sendeirismo para este domingo. Actividades que repasamos con Carlos Pérez, presidente da Xunta de Micólogos.