Abrimos programa repasando novas do sector vitícola. A D.O Ribeira Sacra está presente en Xantar e tamén no Salón de Viños e Augardentes Galegos que se vai celebar en Amsterdam. Citas que repasamos co presidente do Consello, José Manuel Rodríguez. Acompañados do técnico Alfonso Losada, conversamos tamén con Pedro Rodríguez, responsable da Adega Guímaro, en plena presentación de novas marcas. Este xoves a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, recupera a Andaina Escolar que suspenderan coa chegada da pandemia. É a V edición deste evento que xuntará a 1.500 alumnos, 150 profesores e medio cento de voluntarios da propia Asociación. Falamos da iniciativa con Manuel López Eiriz, tesoureiro da citada Asociación. A CIG convoca ás traballadoras do SAF a manifestarse este mércores polas rúas de Monforte. Unha convocatoria que repasamos con Xosé Manuel Silva, secretario local do sindicato convocante. Entre outros asuntos repasamos tamén como van ser as xornadas gastronómicas e musicais que pon en marcha este xoves en Monforte a Asociación de Hostalería. Falamos coa delegada para esta zona, Beatriz Vila.