Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 08/11/2023

Programa completo do 08/11/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 08.11.2023 14:16

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a coñecer as iniciativas premiadas co segundo e terceiro premio no Concurso Semente Ribeira Sacra. Falamos con Mayra Lamas e con Noelia Rodríguez de Lamasdulece e Bikarte, respectivamente. A Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia, ten organizado un Congreso de Emprendemento Rural Sostible para ese xoves en Pantón. Danos máis datos o presidente da citada Asociación, Luciano Covelo. O concello de Monforte aplicará a fórmula de execución subsidiaria para intervir no entorno da coñecida como urbanización Las Acacias. O alcalde deu conta da iniciativa nunha rolda de prensa da que recuperamos declaración do alcalde, José Tomé Roca. Entre outros asuntos falamos tamén de ensino público co máximo responsable en Galicia de CCOO neste ámbito, José Fuentes de visita hoxe por centros educativos de Monforte.