Unha prospección magnética realizada na contorna da Muradella recolle datos do que podería ser un poboado prehistórico neolítico. Novas sorpresas no Monte Moncai das que falamos co arqueólogo Rodrigo Paulos, director do proxecto. Concentración en Monforte diante o Centro de Saúde. Da situación na que está o mesmo falamos co coordinador do Centro o doutor Rosendo Bugarín e facemos balance da concentración con Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG, formación política que organizou o acto. En canto a climatoloxía o permita a Confederación Hidrográfica recuperará os danos ocasionados pola crecida do río Cabe na zona de A Pinguela. Preguntamos sobre esta e outras intervencións ao presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. E no concello de O Saviñao foi inagurado o novo miradoiro hacia o Cabo do Mundo do que falamos co alcalde Carlos Armesmo, co que repasamos outros asuntos de actualidade no citado concello.