Abrimos repasando o balance feito polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca, de 2024 e previsións de investimentos para este ano e rematamos conversando coa voceira do PP, Kati Varela, que tamén fai repaso á acción do goberno municipal. Co director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, falamos das Casas do Maior que van a abrir en Bóveda e Sober. Conversamos tamén coa filóloga Tania Vázquez que participa na elaboración dun estudo sobre a utilización do galego nas lápidas dos cemiterios. Ademais de repasar outras novas que forman parte da actualidade máis próxima, como cada xoves temos gabinete xurídico con AV10 e David Doval fálanos das hipotecas con IRPH.