Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 09/02/2022

Programa completo 09/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 09.02.2022 14:21

O concello de Pantón súmase aos que van celebrar desfile de entroido. Un acordo de última hora do que falamos co alcalde José Luis Álvarez. E diversos profesionais do ámbito sanitario e xurídico falarán da eutanasia en Monforte nun acto do que repasamos co doutor Rubén Molano Zárate. Conversamos tamén co politólogo e avogado Roberto Mera Covas que o sábado presenta no Ateneo-Casino un libro sobre o deputado republicano Alejandro Viana que colaborou desde Francia na evacuación de milleiros refuxiados republicanos tras o comezo da guerra civil. E adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" aos Multicines Hollywood que dan traballo a tres persoas e levan abertos desde 1997. Falamos con Carmen Pato, responsable da empresa xestora.