Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 09/02/2024

Programa completo do 09/02/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e axenda da campaña electoral. O noso primeiro convidado, Gelín Fernández, empezou a pintar como terapia e cada vez son máis solicitados os seus traballos. Pinta sobre materiais que recicla e faino con viño mencía. Hoxe inaugura exposición na Fundación Vicente Risco. Varias asociacións traballan en Pantón para recuperar figuras do entroido tradicional que sacarán este domingo a percorrer varias parroquias. A Asociación Segredos de Pantón é unha delas e escoitamos ó presidente Lucas Vázquez. E na Pobra do Brollón ante a previsión de mal tempo suspenden o desfile que tiñan programado para este sábado e a festa de entroido será no pavillón polideportivo municipal. Danos máis datos Xosé Gago, animador socio cultural do citado concello. Entre outros asuntos falamos tamén da Escola de Música Moderna co seu director Gonzalo Herrero, e do éxito que vén de acadar unha das súas alumnas, Lena Álvarez. Unha escola que cumpre 10 anos e abre delegación na comarca de Quiroga.