Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 09/03/2022

Programa completo do 09/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 09.03.2022 14:31

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa", que hoxe adicamos aos taxistas cando a asociación de Radiotaxis Monforte cumpre dous anos e medio de vida. Falamos con Germán Aceiro e José Jacobo. Cunha concentración silenciosa de 5 minutos o concello de Monforte sumouse á convocatoria feita pola FEMP para amosar solidariedade co pobo ucraíno mentres Esperta Monforte solicita ao goberno local que habilite un rexistro de familias de acollida. Falamos co voceiro deste grupo, Germán Vazquez. E de volta para Quiroga con 9 refuxiados vén xa o grupo de veciños que marcharan o sábado a levar material humanitario. Falamos con Miguel Garrido, un dos promotores. E cara Krakovet, vai un autobús da empresa monfortina Autocares Sánchez, cargado tamén de material e que traerá para A Coruña, a 50 persoas. Unha iniciativa da que conversamos con Carmen Janet Salgado, unha das promotoras. E sobre o mellor xeito de colaborar cos desprazados por este conflicto, falamos tamén hoxe con Juan Redondo, responsable de Asilo e Migracións da Cruz Vermella para Galicia.