Programa especial adicado á XL Feira do Viño de Chantada que se vai celebrar esta fin de semana. Será inaugurada este venres pola tarde. Falamos co alcalde Manuel Lorenzo Varela, con Alejandro García, autor do cartel, cos adegueiros Juan Luis Méndez de Vía Romana, Lorena Gay de Adegas Amedo, Óscar González de Condado de Sequeiras e Héctor Ferreiro de Adega Castrofiz. Co sumiller Bruno Lobelle de Vinosacra repasamos como van a ser as catas que teñen organizadas, novidades das mesmas e do Túnel do Viño. Acompañando á Feira do Viño hai tamén Feira de Oportunidades e Artesanía da que falamos con Verónica Gayoso, do CCA de Chantada. Conversamos tamén con dous hosteleiros, Toño Lorenzo do Restaurante A Faragulla e Roberto Iglesias de Os Pendellos e coincidindo con este evento cumpre seis anos a Queixería Airas Moniz e un dos seus responsable, Xesús Mazaira, repasa novos proxectos nos que están traballando desde Chantada para o mundo.