Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitícola co técnico Alfonso Losada e con Luis Congil autor do libro "La Maravillosa Historio del Vino en Galicia". Investigada unha muller no Saviñao como suposta autora de malos tratos a cánidos que recolle en diversos países. A Garda Civil abriu dilixencias sobre este caso que repasamos o alcalde Carlos Armesto. Quedan sen cubrir 20 das 30 prazas de MIR que se ofertaban nesta provincia. Analiza a situación Luisa Rubal do Comité de Atención Primaria do CSIF. Falamos tamén do combate que a golpe de versos están organizando en Bóveda para o día 27. Unha curiosa iniciativa da que nos da máis datos un dos promotores, Xosé Manuel Casar. Entre outros asuntos, falamos tamén de turismo co titora do ciclo que se imparte no IES Río Cabe, Soledad González e a alumna Ana Bernárdez.