Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 09/08/2024

Programa completo do 09/08/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 09.08.2024 14:16

Nove librarías van participar da Feira do Libro de Monforte que se vai celebrar do 21 ao 24 de agosto. Falamos dela con Jacobo Rodríguez que lembra a presentación este sábado de "Retratos de Monforte"e recomenda lectura para este mes de agosto. Con Juan Diéguez repasamos cartel e actividades do Festival Carude Rock que se vai celebrar este mesmo venres. En Sober preparan un Túnel do Viño que abrirán o domingo pola tarde e completarán o luns coa Feira da Rosca. Eventos que repasamos co alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos falamos tamén da Festa da Malla que preparan para o domingo en Tuiríz con Manuel Carballada, en representación da comisión organizadora.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora