Presentado o programa ACTIVA que para maiores de 55 anos pon en marcha o concello de Monforte. Repasamos oferta que deu a coñecer o alcalde de Monforte, José Tomé Roca. E o rexedor soberino, Luis Fernández Guitián confía en que sexan atendidas as demandas plantexadas pola ANPA do Ceip Virxe do Carmen que se concentraba o pasado venres reclamando un mestre máis para evitar agrupamento do alumnado e obras no Colexio, falamos delo e de outros asuntos da actualidade do citado concello. Tamén repasamos a actualidade do concello de A Pobra do Brollón co alcalde Xosé Lois Maceda. Falamos con él, entre outros asuntos, do Festival As Cores do Outono que chega esta ano á X edición, e da intervención que están facendo en Penas do Castelo. E rematada a levada a cabo en Proendos, o arqueólogo Fran Alonso, danos conta dos resultados optidos. E falamos tamén de turismo coa xerente do Consorcio Alexandra Seara.
Más de Uno Monforte de Lemos 09/09/2024
Programa completo do 09/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora