Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 10/01/2024

Programa completo do 10/01/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 10.01.2024 14:17

Abrimos programa facendo escapismo pola Ribeira Sacra, unha nova iniciativa turística, Pantón Rural, á que adicamos o espazo "Facendo Empresa". Conversamos co promotor, Marcos García. O BNG prepara para o día 27 unha nova concentración simultánea diante as estacións de Monforte e Sants para reclamar a reposición dos trens nocturnos e pon en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para o mesmo fin. Danos máis datos Manuel Luaces, responsable local do BNG en Monforte. A ANPA do Ceip A Gándara, reclama melloras no pavillón e no patio do citado centro. Repasa necesidades Marta Rodríguez, secretaria da citada asociación. E grazas ás aportacións que para fins sociais se fan nas declaracións da renda, reciben fondos asociación como Agora. Niste caso adicaron os fondos recibidos a renovar material informático entre outras cousas que repasamos con Isaac Rodríguez, novo presidente da citada Asociación.