Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos coas recomendacións literarias que cada mes nos achega Paula Vázquez Verao desde a Libraría da Proencia. Co arqueólogo Benito Vilas falamos da intervención que veñen de rematar en Penas do Castelo no concello de A Pobra do Brollón. Premiados a nivel nacional un grupo de alumnos do IES Río Cabe nun concurso do que repasamos co director do citado centro, Carlos Parada. A delegada da Asociación provincial de Hostalería, Beatriz Vila, fai balance da campaña de promoción levada a cabo no transcurso da volta ciclista a España. Entre outros asuntos, repasamos resultados dos partidos dos equipos da zona e novos triunfos do taekwondo local no Open celebrado en Moaña.