25 mil euros en premios repartirá o concello de Monforte nos distintos concurso organizados para celebrar o entroido. A xunta de goberno aprovou este mesmo luns as bases e tamén sacar a licitación obras de mellora de eficiencia enerxética na Casa da Cultura. Repasamos estas e outras novas da actualidade máis próxima e conversamos co profesor de cociña da Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández David Cidre e co alumnos Alberto Acosta, que vén de ser premiado nun concurso de repostería. Tamén entrevistamos a Roi Sampedro, técnico do Xeoparque Montañas do Courel, que vén de presentar o programa de actividades para este 2025 e que empezan xa este martes. Temos espazo adicado á saúde bucodental coa odontóloga María José Martín, e tempo tamén para repasar resultados deportivos da fin de semana.