Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 10/06/2022

Programa completo do 10/06/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS 10/06/2022 | 10.06.2022 14:24

Abrimos programa conversando co músico Andrés Montes, o líder do grupo Gin Toni`s que abre hoxe as Festas do Barrio de San Antonio con tributo ao Xabarín Club. Organizadores e parte do xurado da Batalla de Grupos do Festival Trece Roeis, Miguel García, Xiana Lastra e Charly Domínguez, dan a coñecer os finalistas deste concurso que se vai celebrar en Ferreira do día 16 de xullo. E 67 iniciativas empresariais aspiran a gañar a VIII edición do Concurso Semente Ribeira Sacra. Falamos do mesmo con Severino Rodríguez, voceiro da Asociación promotora. Conversamos tamén con Manuel Heredia, director xeral de Comercio, con él repasamos liñas de axuda abertas nestes intres para modernización do citado sector. Repasamos tamén outros asuntos da actualidade máis próxima.