A ANPA do Ceip de A Gándara en Monforte denuncia o abandono no que se atopa o parque de xogos do citado centro. Un parque precintado polo deterioro que sofren os elementos de xogo. Reclaman unha rápida intervención no mesmo segundo nos conta a secretaria da Asociación de pais e nais, Marta Rodríguez. Seguimos sen perder de vista o sector vitivinícola e acompañados do técnico Alfonso Losada, conversamos co presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía en vésperas de celebrar pleno para fixar data oficial de inicio da vendima que teñen xa en marcha 21 adega. Entre outros asuntos falamos tamén da coroación canónica da Virxe dos Remedios da Ermida. Unha singularidade que nos explica o párroco Jesús Río Ramilo. E o libreiro Jacobo Rodríguez recoméndanos lectura para este mes de setembro.
Más de Uno Monforte de Lemos 10/09/2024
Programa completo do 10/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora