A terceira campaña máis grande da historia da D.O Ribeira Sacra é esta que está rematando e da que buscamos os últimos datos conversando co presidente do CR Antonio Lombardía. Repasamos tamén resultados da Cata de Viños de Montaña celebrada en Aosta e conversamos con representantes das adegas máis premiadas, Iván Gómez de Regina Viarum e Diego Rodríguez de Don Bernardino. O IES A Pinguela cumpre este curso 40 anos e repasamos hoxe a súa historia co director do Centro, Enrique Sampil que leva 24 anos á fronte deste centro educativo. E hoxe conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental e traballando neste ámbito nesta zona sur de Lugo leva desde 1992 aberto o Centro Albores. Hoxe aproveitamos para conversar coa directora, Elisa Sapia. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.