Técnicos da Consellería de Educación visitan os danos do Colexio Infanta Elena tras derrubarse parte dun falso teito nun dos accesos. Coñecemos máis do acontecido conversando con Álvaro Ventura, que exerce de director en funcións. Do ámbito educativo recollemos tamén as queixas da ANPA do Colexio de A Pobra do Brollón, avanza o curso e seguen sen que se incorpore o profesor que demandan e temen quedar xa sen él. Unha situación da que nos fala a presidenta Noelia Sánchez. Máis de 4 millóns de euros de presuposto e dous anos de obras para contruir a nova depuradora do Polígono do Reboredo da que nos da máis datos o alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Falamos de rutas organizadas polo Courel tendo como referencia produtos da serra e os seus productores, con Guillermo Díaz, guía e un dos responsables de Coureleando e como cada xoves toca gabinete xurídico, hoxe Ana Domínguez, repasa asuntos relacionados cos gastos hipotecarios.