Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 11/01/2023

Programa completo do 11/01/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 11.01.2023 14:26

O Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña inaugura o novo laboratorio do Hospital Comarcal de Monforte onde teñen proxectadas novas actuacións que con él repasamos na recta final do programa. E a Consellería do Medio Rural proxecta revalorizar o Viveiro de Os Trollos e convertelo nun referente de xestión forestal. Unha iniciativa sobre a que preguntamos a José Luis Chan, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal que hoxe visita o citado lugar. E 13 anos leva o Tren Aba Sacra paseando turistas por Doade e Amandi. Pechado o servizo por vacacións facemos balance de 2022 co promotor do mesmo, con Antonio Rodríguez. E para fomentar o emprendemento dende o ámbito educativo, o IES da Pinguela ten unha aula específica da que falamos hoxe con Pilar Castaño, unha das profesoras que se encarga da mesma. Entre outros asuntos, falamos tamén de festas, da que na honra a San Amaro preparan en Proendos para esta fin de semana e que repasamos con Sara Méndez, integrante da comisión organizadora.