Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e facendo balance da Feira do Viño de Chantada co presidente da Comisión Organizadora, o concelleiro Manuel Diéguez. O pleno do CRAEGA decidirá o día 22 se abandona definitivamente Monforte ou queda neste concello. Falamos delo co presidente desta entidade, con Francisco López Valladares. Entre outros asuntos, tempo tamén para falar de libros, recomendacións literarias que temos pendentes para este mes de marzo con Jacobo Rodríguez de Libraría Agrasar, e resultados dos partidos disputados polos equipos da zona.