Festa local en Monforte cumprindo cunha tradición que se remonta ao século XVI e que repasamos co investigador Felipe Aira. Co arqueólogo Xurxo Ayán falamos do novo campo de traballo internacional que terán este verán no Castro de San Lourenzo e das actividades que preparan en Repil para o día 22 de abril. E entre outros asuntos da actualidade máis próxima, recollemos tamén balance da Feira do Viño de Quiroga con Pablo González, membro da comisión organizadora, e co adestrador do Neka, José María Vega, buscamos a última hora sobre o Open de España de taekwondo no que van a participar nove deportistas monfortinos.