Emitimos desde a Praza do Concello de Ferreira de Pantón programa especial sobre a Feira do Viño e a Festa da Empanada que se vai celebrar esta fin de semana. Falamos destes eventos co alcalde José Luis Álvarez. Das propostas turísticas do citado concello co técnico Javier González, Santiago Villanueva, director do Iberik Hotel Balneario Augas Santas, e coa guía Rosana Prieto. Tamén conversamos cos adegueiros Roberto Flamini, Ramón Losada, Iván Olmedo e Juan Moreirase co panadeiro Tarsicio García. No verán o concello de Pantón acolle dous festivais, o Trece Roeis Fest e o Festival Clásico Ribeira Sacra, dos que nos falan Alberto Gómez e Luz Barriga e falamos tamén con Andrea López, unha xove escritora pantonesa que está presentando con grande éxito a súa primeira novela, "Cronicas Vanasum. El Reino de los Reinos".