A actualidade do día pasa hoxe polo inicio do novo curso escolar. Nesta zona sur de Lugo son máis de 4.000 alumnos os que se incorporan ás aulas. Repasamos como foi o inicio nos centros con máis alumnado de Monforte, o Colexio dos Escolapios e o Colexio Novo. Falamos coas directoras destes colexios. Tamén coa directora do Colexio Virxe do Carme de Sober, coa directora da Escola de Hostalería de Rosende e coa directora do IES Daviña Rey. Co deputado Iago Suárez, repasamos a iniciativa que levou ao Parlamento Galego sobre o sector vitícola e que vén de ser aprobada. E reanuda actividades a Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra, cóntannos o que teñen programado ata rematar o ano, Manuel Eiriz e José Ramón Catoira e José Carlos Costoya, do Albergue Lemavo repasa cifras de peregrinos que levan atendido no que vai de ano.
Más de Uno Monforte de Lemos 11/09/2024
Programa completo do 11/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora