Cumpridos dous anos da declaración da Ribeira Sacra Reserva da Biosfera, facemos balance conversando coa vice presidenta segunda e cConselleira da Xunta, Ángeles Vázquez. Apuran no Club Fluvial de Monforte as últimas xornadas de piscina antes de que aparezca a choiva que se anuncia para a fin de semana. Unha temporada de baño prolongada grazas ao bo tempo, algo histórico aseguran o presidente Jaime Vázquez, co que falamos neste programa. E no concello de A Pobra do Brollón será homenaxeado este sábado Antonio Reboiro, alcalde republicano asasinado en 1939. Falamos co seu neto, con Rafael Castillo. E recuperar a memoria de outro represaliado, niste caso de Manuel Díaz González, coñecido como o médico dos pobres, é o que pretende un documental que se presenta o domingo en Bóveda. Falamos con Federico Rioobo, director do mesmo.