Saturada a consulta de pediatría do Centro de Saúde de Monforte cunha única profesional desbordada e moito malestar entre as nais que agardaban que os seus fillos fosen atendidos. Abrimos e pechamos o programa de hoxe escoitando nais afectadas. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián repasamos actividades que preparan para o Nadal e lembramos ao alfareiro Agapito González, finado esta fin de semana. Tamén conversamos coa deputada do BNG Carmen Aira , que levou ao Parlamento unha iniciativa, que acadou apoio de todos os grupos, de cara a potenciar a Ruta de San Eufrasio. Entre outros asuntos repaso tamén á actividade deportiva da fin de semana, e o novo triunfo do taekwondo co Neka Bronce a nivel nacional.