O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra presentará en Fiturl un Manual de Boas Prácticas do que falamos coa xerente Alexandra Seara que repasa tamén os datos de ocupación do mes de decembro. O mellor viño tinto de Galicia leva tres anos saíndo de Adegas Petrón que hoxe visita o director xeral de AGACAL, José Luis Cabarcos, falamos con ´él do sector vitícola e do proceso electoral que hai en marcha para renovar Consellos Reguladores como o da D.O Ribeira Sacra. Reabren na rúa San Pedro as oficinas da Seguridade Social despois das obras de reforma que hoxe supervisaba, entre outros, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodriguez á que escoitamos repasar esta intervención. E obras hai en marcha no IES Daviña Rey. Unha reforma integral valorada en millón e medio de euros e que repasamos co director do Instituto Isaac González. E hoxe toca gabinete xurídico, co avogado Javier Leiro repasamos novas relacionadas coas obrigacións das empresas respecto á prevención de riscos laborais.